Sobre os nativos dixitais

imaxecontidos

A finais de outubro o Osmiga presentaba o estudo “A mocidade e as TIC”. Mañá falaremos da incidencia dos mozos no equipamento TIC dos fogares e no uso das novas tecnoloxías. Hoxe atendemos á información relativa aos nativos dixitais; para que se conectan á rede e dende que dispositivos?

AmocidadeeasTIC_Osimga

“A mocidade e as TIC”, Osimga

Do estudo extraemos algúns datos interesantes como que o 71,2% dos adolescentes galegos conéctase á rede diariamente (60,5% no 2011). O 65,% conéctase entre as 16 e as 21 horas e un 39,2% entre as 21 e as 24 horas.

MocidadeTIC_Osimga

“A mocidade e as TIC”, Osimga

Xa non sorprende que o 81,2% se conecta a través do teléfono móbil. O 41,5% faino dende o portátil e o 25,4% dende unha tableta. Máis alá do dispositivo, destaca que a maioría accede a internet dende a habitación (63,8%) ou dende un lugar común da casa (72,9%). Tamén se fai dende calquera sitio con wifi (35%) e, en menor medida, no instituto ou nun ciber.

Por outra banda, o 93% dos adolescentes está rexistrado en, cando menos, unha rede social, e o 68,8% está rexistrado en 3 ou máis. En cales? Igual vos sorprende que a primeira segue a ser Tuenti (71,3%); Facebook, Twitter e Instagram sitúanse en torno ao 60%.

No estudo tamén atopamos información das aplicacións de mensaxería instantánea empregadas. O 90% usan Whatsapp e o 30% aproximadamente Messenger/Skype e Line.

MocidadeTIC_Osimga

“A mocidade e as TIC”, Osimga

Por último, coñecedes a escala screening? O 4% conta con máis de 26 puntos nesta escala o que significa que manteñen unha relación problemática coa rede e manifestan comportamentos dependentes. O 14,1% atópase entre os 15 e os 26 puntos o que supón un risco de dependencia medio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.