Comezabamos a semana repasando o concepto de Sociedade da Información. Xa estamos preparados para revisar e comprender os últimos datos dos indicadores da Sociedade da Información en España, publicados recentemente polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI).
Como podemos ver nos gráficos da esquerda publicados na web do Osimga, feitos a partir dos datos publicados polo ONTSI, son positivos os indicadores de número de internautas (+ 4,1% respecto ao ano anterior) e o número de liñas de banda larga fixa (+ 5,9%). Tamén aumentan o volume de negocio ligado ao comercio electrónico (+ 13,4%) e o número de dominios (+ 1,8%), e descenden lixeiramente o número de liñas de telefonía fixa e móbil.
Se profundizamos un pouco máis nos datos, vemos que, por exemplo, en febreiro deste ano déronse de alta máis de 69.000 liñas de banda larga, das cales máis de 41.000 son de fibra óptica. En canto aos dominios, en maio superábase a cifra de 1.730 millóns de dominios en España.
O venres faremos un exercicio de imaxinación e empregaremos estes datos para debuxar a Sociedade da Información en Galicia dentro de 10 anos. Como pensades que pode evolucionar a tecnoloxía? Como nos vai a afectar?


