Solucións TIC para autónomos

DSC_0261Onte repasabamos o informe do Osimga (Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia) sobre o uso que fan os autónomos galegos das tecnoloxías da información e da comunicación. Entre outros datos, destaca que só o 32 % dos autónomos emprega solucións informáticas para a xestión de clientes e proveedores.

Repasamos algunhas das propostas contidas na Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos, elaborada por Agasol (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) en colaboración coa Amtega.

Algunhas ferramentas

  • Firefox. A integración da busca de Google ou a organización de páxinas en marcadores –enlaces ás páxinas coas que interaccionamos habitualmente– , convírteno nunha ferramenta útil e sinxela. E segura: protexe de ameazas como o roubo de datos, os programas espía ou o roubo de información privada.
  • Gimp. É un editor de imaxes moi sinxelo que soporta todos os formatos existentes. Pode ser moi útil para conseguir unha imaxe coidada de traballos feitos ou produtos na páxina web.
  • Sugar CRM. Os CRM son sistemas desenvolvidos para a xestión de relacións con clientes. O Sugar CRM permítenos asignar clientes, xestionar incidencias, contas, campañas… É moi útil para a comunicación entre os membros dun grupo de traballo porque permite compartir documentos, organizar xuntanzas ou eventos, etc.
  • Drupal Commerce. É unha aplicación de comercio electrónico na rede. Presenta os produtos dunha forma sinxela e facilita o proceso de compra, seguemento de facturas, recibos, pedidos e pagos.
  • Prestashop. É outra aplicación de código aberto que permite dispoñer dunha tenda online con todos os servizos necesarios. Prestashop permite ademais configurar o estilo das páxinas para personalizar a tenda e adaptala ao tipo de produto, e aos gustos e intereses de cada usuario.

Na guía tamén se recollen consellos importantes para a comunicación na rede a través de páxinas web e blogs.

Comunicación coa Administración

Xa vos falamos da sede electrónica da Xunta, plataforma que nos permite resolver trámites coa Administración sen saír da casa ou da oficina. O 44 % dos procedementos están destinados ás empresas que poden: solicitar axudas para a eficiencia enerxética, para a actividade exportadora, darse de alta ou de baixa no rexistro industrial de Galicia, acceder a bolsas de formación para a mellora das pemes…

Existen infinidade de aplicacións e servizos útiles para os autónomos, para o desenvolvemento do traballo e da relación con clientes e coa Administración. E é moito máis sinxelo do que parece.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.