Baixo ese nome tan extraño – suite ofimática – escóndese o corazón de calquera empresa de hoxe en día. Unha suite de ofimática (ou suite de oficina) é unha recompilación de aplicacións para o tratamento de arquivos e documentos. Normalmente a recompliación de programas inclúe un procesador de textos, unha folla de cálculo, un editor de presentacións… e, precisamente todo iso é o que vos presentamos hoxe.
OpenOficce, a túa oficina no ordenador, e en galego
OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas.
As aplicacións que están inlcuídas no pacote de Open Office son:
- Writer (procesador de texto)
- Calc (folla de cálculo)
- Draw (deseño gráfico)
- Impress (programa de presentacións)
- Math (editor de fórmulas matemáticas)
- Base (base de datos)
- Un editor visual de páxinas web.
- Un gravador de macros.
- Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.
Podes descargar máis recursos adicionais aquí onde atoparás, entre outros, un corrector ortográfico de galego.
Podes descargar Open Office dende esta ligazón. Incluso existe unha alternativa a OpenOffice (tamén en galego) que podedes descargar aquí. Chámase LibreOffice e, ao igual que o seu irmán xemelgo, tamén se pode instalar en calquera plataforma (windows, mac e linux).
E ti, xa usas OpenOffice? Como é a túa experiencia con este programa?

