Tecnoloxía para rapaciñ@s, mañá na Cidade da Cultura

rapacinos

A Cidade da Cultura será o primeiro escenario mañá das xornadas “Rapaciñ@s. As tecnoloxías ben seguras” impulsadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dunha serie de charlas que se darán por toda Galicia e que comezan mañá na Cidade da Cultura.

Pais e docentes atoparán información e recursos de interese e as nenas e nenos participarán en obradoiros pensados para que se divirtan e aprendan, para que adquiran hábitos seguros para navegar na rede.

O programa con Enrique Dans e Rocío Ramos-Paul

A partir das 17:00 Enrique Dans encargarase da charla “Nenos, Rede e futuro: o perigo está en non estar”. A seguinte ponente será Rocío Ramos-Paul, autora do “Manual de Supernanny” que falará de “Educar na era dixital”. En paralelo celebraranse obradoiros para nenos de entre 8 e 14 anos sobre navegación segura, realidade aumentada, protección de datos, etc.

Rapaciñ@s xorde das xornadas “Navega con Rumbo polo Ciberespazo” impulsadas polo CPEIG. Á pregunta “que outros aspectos do campo das novas tecnoloxías cre que serían necesarios abordar en charlas no seu centro?”, resultaron as redes sociais e os menores, e as técnicas de control parental.

Para a xornada de mañá non é necesaria inscrición. As prazas para as conferencias e obradoiros cubriranse por orde de chegada. Animádesvos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.