Tic-capacitados

foto sumit dagar

Foto Sumit Dagar

A Fundación Vodafone vén de presentar un estudo sobre o acceso e o uso das TIC por parte das persoas con discapacidade. O obxectivo é concienciar sobre as posibilidades que ofrecen as TIC ás persoas con discapacidade visual, auditiva e de movilidade, para mellorar a súa calidade de vida e aumentar as posibilidades de inserción laboral.

O 91,8 % das persoas con discapacidade empregan o móbil habitualmente, o 42,8 % o ordenador e o 32,5% conéctase a Internet; no conxunto da poboación española as porcentaxes son do 95,5 %, o 72,7% e o 75,1 %. Con que barreiras se atopan no acceso ás novas tecnoloxías?

As barreiras

Os dous principais problemas para as persoas con discapacidade visual, auditiva e de movilidade, son a accesibilidade e o custo. O 45,7 % considera que os ordenadores adaptados son demasiado caros tendo en conta as posibilidades que ofrecen. O 37,4 % considéranos demasiado complexos.

En canto a Internet, a principal barreira é que se considera pouco accesible: un 33 % necesitaría un ordenador adaptado, un 24,4 % intentou usalo sen éxito e un 23,3 % considera o seu uso avanzado e complexo.

Unha cuestión de idade

O uso das TIC por parte da xente nova cunha discapacidade (18-30 anos) está bastante xeralizado, pero diminúe considerablemente no colectivo de maiores de 45 anos. Entre os 18 e os 30 anos, o 86,9 % usa o ordenador e o 66,7 % conéctase a Internet; entre os 46 e os 64 anos, só o 9,5 % emprega o ordenador e o 7 % accede á rede.

O futuro

O obxectivo é garantir o acceso aos dispositivos e aplicacións destinados a mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal das persoas con discapacidade. A barreira do prezo debería eliminarse co avance da tecnoloxía e o previsibe abaratamento dos custos. O primeiro paso é potenciar, mediante formación e innovación, a colectivos estudados que presentan un maior potencial de aprendizaxe para a súa inserción no mundo TIC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.