Un cómic para navegar sen preocupacións

comic

Esta semana estamos a falar sobre o uso que fan os menores de idade de Internet. En setembro deste ano, o Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo presentaban o cómic Os perigos de Internet; o obxectivo é concienciar sobre o uso seguro de Internet e das redes sociais.

Guionizado por Gemma Sesar e ilustrado por Ramón Marcos, o cómic conta a historia dunha familia con fillos adolescentes que se enfronta ás ameazas que se derivan dun uso irresponsable da rede e da comunicación en redes sociais. Chámase a atención sobre o papel dos pais para que os rapaces poidan tirar proveito da rede e evitar riscos.

Editáronse 30.000 exemplares que se distribuíron en todos os centros de Educación Secundaria de Galicia. Tamén podedes descargar o cómic en formato PDF aquí.

A iniciativa xorde despois do estudo elaborado polo Valedor do Pobo no 2011, que concluía que o 53 % dos rapaces navegaba sen control dos seus pais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.