A semana pasada celebrábase en Las Vegas, Estados Unidos, o CES 2015, feira de tecnoloxía referencia a nivel mundial. Cales son as tendencias que van a marcar os próximos meses?
A nova televisión
Aínda que non o creades cada vez vemos menos a televisión. Ou polo menos a televisión como a coñeciamos ata agora. Unha das novidades que máis chamou a atención foi Sling TV. Trátase dun sistema de subscrición para acceder a contidos dalgunhas das principais canles de TV a través de internet, e por un prezo moi competitivo. Televisión fóra da televisión.
Internet das cousas
No CES 2015 falouse de coches sen condutor e de electrodomésticos intelixentes. Pero máis alá de novidades que están aínda lonxe dos consumidores, a feira serviu para que as grandes marcas amosasen o seu compromiso con esta tecnoloxía. Samsung, por exemplo, anunciou unha forte inversión para crear unha contorna propicia para desenvolvedores deste tipo de software.
A rede, para os consumidores
Non hai moito que a Fundeu escollía selfi como palabra do ano. E as autofotos foron tamén protagonistas no CES 2015. Calquera smartphone que se exhibira debía presentar melloras para facer este tipo de fotos. HTC presentou, por exemplo, unha cámara capaz de gravar e emitir en directo a través de Youtube. Isto demostra que os consumidores somos creadores de contido cun peso crecente na rede.
Os drons, realidade ou moda?
Foi o CES dos selfis, e o das imaxes gravadas polos drons que sobrevoaban a feira. Parrot, por exemplo, presentou un dron capaz de gravar vídeos de 270 grados. Que outra ferramenta pode capturar este tipo de imaxes? Máis que un xoguete estanse a converter en ferramentas que xeran contido de calidade interesante para as empresas.
Fonte: PuroMarketing.



Pingback: O mellor do CES 2016 - Xente Dixital