Unha ollada ao futuro do sector agrogandeiro

figan

Foto: facebook.com/fimaganadera

Do 17 ao 20 de marzo celébrase en Zaragoza FIGAN 2015, a Feira Internacional da Produción Animal. Interésanos porque FIGAN é, sobre todo, un escaparate tecnolóxico para os profesionais do sector pecuario. Intercámbianse experiencias e información e búscanse solucións ás preocupacións formuladas polos profesionais do sector.

De que se vai a falar? Enriba da mesa estarán os controis medioambientais, a calidade na produción agroalimentaria, a trazabilidade en toda a cadea de produción, o sector produtivo español, a hixiene agropecuaria, a industria alimentaria… Falarase de comercialización, industrialización e innovación en todos os sectores que conforman o mercado agropecuario.

Entre as actividades programadas, destaca o IX Congreso da Federación Iberoamericana de Razas Criollas (FIRC). Organizado pola Federación Española de Asociacións de Gando Selecto (FEAGAS), participarán expertos en materia de investigación e xestión de razas criollas e autóctonas españolas.

Tamén se celebrará o XIII Encontro Nacional de Operadores de Cereais no que se estudarán as sinerxias do mercado do cereal e os fertilizantes e as perspectivas da economía española e do sector agroalimentario.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente participará en varias xornadas técnicas nas que se dará a coñecer proxectos gandeiros en vacuno, ovino, caprino, porcino, avícola e cunícola.

Podedes consultar o calendario para saber de que e cando se vai a falar de cada tema na Feira. Esta semana traerémosvos un exemplo galego de innovación no sector primario e falaremos cos responsables de Monet, un proxecto galego exemplo de innovación tecnolóxica aplicada ao mundo do viño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.