USB Kill, o pendrive que non queres enchufar no teu ordenador

A tecnoloxía é como todo: se se usa ben, pódense facer cousas marabillosas con ela pero, se se usa mal, pódense realizar multitude de accións que prexudiquen a calquera de maneira moi sinxela e directa. Neste último caso temos a USB Killer, un pendrive que é capaz de queimar case calquera dispositivo ao que se enchufe.

Que é USB Kill?

Como o seu nome, en inglés, indica, é un “asasino de USB”. É simplemente un pendrive que é capaz de destruír calquera computador, tablet, teléfono móbil e ata coche ao que se lle enchufe. Esta pequena peza de hardware, que se vende a un prezo moi económico, é capaz de transmitir a través do porto USB (ou lightning de Apple, xa que existen modelos para este conector) a enerxía suficiente para queimar os condensadores do dispositivo e deixalo inservible.

Tecnicamente, o USB Kill pode transmitir correntes de voltaxe 4,5 e 5,5 VCC, e unha saída de 215 VCC, o que lle fai capaz de enviar esa corrente entre 8 e 12 veces cada segundo. Resumindo, unha potencia deseñada para acabar coa vida de todo o que lle pase por diante.

Para que serve?

Un pode pensar que o USB Kill serve unicamente para facer o mal. E aínda que o seu primeiro uso podería ser este, os seus creadores véndeno como unha ferramenta de proba que se utilizaría para probar se os dispositivos que creamos son seguros ante ataque dese tipo. Tamén podería servir como ferramenta de seguridade, facendo que se activase se alguén tenta acceder a información sensible do noso computador.

Por suposto, con este tema entra a moralidade de cada un. Un martelo serve principalmente para cravar puntas, pero pódese utilizar para outro tipo de actos se se usa incorrectamente. Se queredes saber máis sobre USB Kill, aquí está a súa páxina web.

Agora que coñecemos que existen este tipo de dispositivos, eu pensaríame dúas veces antes de enchufar un que nos atopemos na rúa ou en calquera lugar público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.