A web do mes: about.me

about.me

A semana que vén falarémosvos de marca persoal. about.me é unha ferramenta moi interesante para construír a vosa presenza profesional na rede. Esquecede o currículo tal e como o coñeciades ata agora.

Non hai moito que contar porque é unha ferramenta moi sinxela. Hai dous campos principais: nome e biografía; aproveitade o texto para facer un resumo (non moi extenso) da vosa traxectoria profesional. Tende en conta os vosos obxectivos, que tipo de traballo ou cliente buscades. Debaixo do texto aparecen a vosa localización e algúns tags identificativos.

O máis interesante son as aplicacións, enlaces visibles aos vosos perfís de Instagram, Google +, Facebook…, e Linkedin; about.me é unha carta de presentación online que podedes vincular ao voso perfil profesional en Linkedin. Carta de presentación e currículo online en dous clics e actualizados en tempo real.

Podedes editar as tipografías e escoller a imaxe de fondo que prefirades; escollede entre as que vos ofrece a plataforma ou subide unha propia.

Vantaxes:

  • Constrúe a túa presenza online. É a maneira perfecta de comezar ou de optimizar a túa presenza na rede. Pensache en cambiar o clásico PDF adxunto cando envías un currículo, por un enlace a about.me/oteunome?
  • Un perfil público. Para acceder á vosa páxina en about.me chega con ter a URL. Non é necesario estar rexistrado. Se alguén vos busca vai atopar a vosa páxina en about.me; a plataforma fai o traballo de posicionamento por vós.
  • Vende. Traballas como autónomo a través de internet? Esta é unha boa maneira de contar que fas e de presentarlle o teu traballo aos potenciais clientes; lembra que dende aquí poden ácceder á túa web ou ás túas páxinas de redes sociais.
  • Todo sobre ti nunha soa páxina. Blog en WordPress ou Blogspot, páxina en Pinterest, perfil de Linkedin…; about.me permíteche centralizar toda a información de interese sobre ti nunha soa páxina web.

Non esquezas que…

… seguimos compartindo información persoal e profesional na rede. Coida que compartes e bótalle un ollo á política de privacidade para saber que información recollen e como a usan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.