A web do mes: agasallo.eu

agasallo.eu

Xa mercastes todos os regalos de Nadal? Seguro que non. En Xente Dixital pareceunos unha boa idea que a web do mes fose agasallo.eu. A plataforma “compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego”. O obxectivo é dar a coñecer creacións que usan a lingua galega; incentivar a regalar filmes, libros, camisolas, xogos… Non é unha tenda en liña pero indicaranvos onde podedes adquirir cada regalo.

agasallo.eu_buscadorAtoparedes as propostas organizadas en nove categorías: libros, música, audiovisual, xogos, tecnoloxía, téxtil, experiencias, alimentación e outros. Ademais poñen á nosa disposición un buscador de agasallos no que indicar prezo, idade e tipo de produto que buscamos.

Por outra banda, se creades, facedes ou elaborades produtos ou ofrecedes servizos en galego, podedes informarvos sobre como participar en Agasallo.

Por último, se a través dun centro de ensino, asociación, entidade, etc., queredes difundir en papel ou na rede propostas de regalos en galego, podedes crear o voso catálogo distribuíble.

Botádelle un ollo e seguro que atopades algunha idea de agasallo orixinal. Entre as suxestións que nos fan están, por exemplo, un libro de receitas en galego ou un dominio .gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.