A web do mes: agpd.es

AEPD

Esta semana estamos a falar do dereito ao esquecemento na rede polo que cómpre entrar na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, agpd.es, ferramenta que podemos empregar para denunciar calquera infracción relacionada co uso dos nosos datos persoais en internet.

Podedes atopar e consultar información sobre protección de datos. E podedes denunciar calquera feito que poida supoñer o incumplimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD). Deberedes identificarvos e aportar calquera documento que poida probar o que denunciades.

Pódese presentar unha denuncia a través da sede electrónica. Tendes que cubrir un formulario e presentalo no rexistro electrónico se dispoñedes dun certificado de sinatura, ou que podedes imprimir e presentar no rexistro de documentos da AEPD en Madrid.

AEPD_2

Sede electrónica

Protexe os teus datos na rede

AEPD_3

A AEPD acaba de abrir un espazo que ten como obxectivo amosarnos como podemos xestionar a nosa privacidade na rede. Son 10 vídeos con tutoriais nos que se explica, paso a paso, como configurar a privacidade de navegadores, redes sociais e sistemas operativos móbiles máis comúns.

Despois da sentenza da que vos falaremos mañá, google habilitou un formulario para a solicitude de retirada de resultados de busca. Se non tendes éxito non dubidedes en poñervos en contacto coa AEPD.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.