A web do mes: blog.adg2020.es

AxendaDixital2020_blog

No espazo reservado para a web do mes, volvemos a abrir blog.adg2020.es. O blog é a ferramenta a través da que cidadáns, axentes sociais e económicos e colectivos sociais, colaboramos na elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020.

Se facedes clic no primeiro elemento do menú, descubriredes “que é a Axenda Dixital”. En Xente Dixital xa vos contamos que se trata dunha estratexia global para que cidadáns, empresas e Administración perciban os beneficios da tecnoloxía.

Se volvemos ao menú principal atoparémonos cos desafíos. Establécense 5 desafíos para mellorar en cidadanía, servizos públicos, empresas, educación e sectores primarios. Comezamos por “A que servizos públicos che gustaría acceder a través de internet?” e “Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?”. Podedes achegar as vosas propostas para estes desafíos ata o próximo 15 de setembro. Do 16 de setembro ao 15 de outubro abriranse os restantes retos para empresas, educación e sectores primarios.

Tamén podedes atopar información do concurso de curtas. Dirixido a mozas e mozos de 14 a 18 anos, deben responder nun vídeo de 3 minutos á pregunta “Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?”. O prazo de presentación de curtas vai dende o 15 de setembro ata o 30 de outubro.

Por último, podedes achegar as vosas suxerencias libremente na sección “escríbenos”. A creación da Axenda Dixital de Galicia 2020 é cousa de todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.