A web do mes: Emprendedores.es

Emprendedores_es

Hai máis dunha web onde recoller boas ideas para emprender un negocio. Emprendedores.es é unha boa opción para buscar ideas de posibles negocios, ou para saber como xestionar a empresa que estades pensando en crear. Facemos un percorrido por algunhas das seccións máis importantes da web.

A portada

O primeiro que vos vai chamar a atención é un slider coas últimas reportaxes e novas publicadas. Podedes navegar na web a través do menú principal (a continuación faremos clic nalgunhas das páxinas) ou a través doutro menú que nos leva directamente ás últimas reportaxes, á información contida na web e separada por sectores de actividade, e a información útil que pode axudarnos, por exemplo, a crear unha tenda en liña.

Se facemos scroll atoparemos novas, a axenda do emprendedor cargada de eventos de interese, e a información máis relevante das distintas seccións da páxina.

Ideas

Moitos de vós aborrecedes a palabra emprender. Non é tan doado como parece. Pero decididos a facelo, aquí podemos ler reportaxes, por exemplo, sobre consumo colaborativo ou outra que chama a atención sobre o dato de que só o 6% das empresas que creamos en España fabrican algo. Seguro que sabedes fabricar algo ao que non lle sacades rendemento económico.

Crea a túa empresa

O primerio título que nos atopamos é “Aprende a emprender”; unha guía para escoller a formación necesaria para crear unha empresa, ou formación adaptada ás necesidades de cada emprendedor. Ademais podemos acceder á axenda do emprendedor na que atopar información, por exemplo, da Tetuan Valley Startup School: encontro no que o obxectivo é impulsar ideas tecnolóxicas innovadoras e darlles a oportunidade de convertirse en realidade.

Market Place

Por se non o sabiades, un market place é un punto de encontro na rede para vendedores e compradores; un terceiro ofrece un entorno seguro na rede para realizar a transacción comercial. Emprendedores.es ofréceche a posibilidade de que o teu negocio teña un espazo na súa web; hai empresas de asesoría online, consultoría, tecnoloxía e internet, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.