A web do mes: MapaTIC.gal

MapaTIC_gal

O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, o MapaTIC.gal, integrado na páxina web do Centro Demostrador TIC, conta xa con máis de 300 provedores, 700 solucións TIC galegas e 480 empresas non TIC como casos de éxito de implantación de solucións tecnolóxicas. Trátase dun directorio en liña no que as empresas demandantes de tecnoloxía poden localizar facilmente provedores, produtos e servizos tecnolóxicos.

MapaTIC_gal2

Na web atoparedes, sobre todo, información sobre provedores e solucións TIC. Os primeiros contan cunha canle que lles da visibilidade na rede, teñen acceso aos servizos do CDTIC e poden identificar á competencia e a potenciais demandantes de tecnoloxía. Estes poden acceder á información dos provedores e rexistrar demandas.

En canto ás solucións TIC, dispoñedes dun completo catálogo de solucións organizadas en categorías como solucións de xestión empresarial, seguridade informática, desenvolvemento de software e contidos… A través do CDTIC podedes probar calquera destes produtos para a vosa empresa de maneira gratuíta.

Catálogos TIC sectoriais

Co obxectivo de achegar a oferta tecnolóxica aos sectores empresariais máis relevantes, o CDTIC publicou os catálogos ModaTIC.gal e TurismoTIC.gal con información de provedores, solucións TIC e casos de éxito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.