A web do mes: Turgalicia

Turgalicia

Para informarse sobre o Entroido e outras festas, sobre calquera dos elementos da lista de recursos naturais e patrimoniais, para buscar experiencias ou preparar unha viaxe, cómpre visitar turgalicia.es.

Contén máis información da que podemos resumir nun post pero faremos unha ruta por algunhas das seccións máis importantes da web.

Galicia

Dentro da web de Turgalicia podemos enterarnos de varios segredos, escoller o evento máis interesante da axenda cultural ou acceder a información práctica: oficinas e centros de información turística, consulados, información de emerxencias e seguridade, etc. Tamén se poden descargar mapas e planos ou enterarse das últimas apps dispoñibles para enoturistas ou amantes do sendeirismo.

Destinos

Lugares destacados, rías e praias, espazos naturais, cidades, xeodestinos… É unha maneira de navegar por Turgalicia se sabemos que tipo de viaxe estamos a buscar. Que parques naturais coñecedes? Cales son os xeodestinos nos que se divide Galicia?

Experiencias

Á pregunta a onde imos de vacacións, seguro que poucos respondedes “coñecer algún dos bosques de Galicia”. Sorprenderavos a información que ides atopar. Tamén podedes percorrer Galicia paseando entre viñedos, coñecendo os manantiais galegos máis importantes, algúns “santuarios máxicos” ou, entre outras experiencias, facendo o Camiño de Santiago.

Recursos turísticos

Turgalicia2

Aquí atoparedes as respostas ás preguntas onde aloxarse, onde comer, que visitar, que facer, onde informarse, e recoller información sobre servizos turísticos e medios de transporte. Ademais, Turgalicia ofrécevos un localizador de recursos turísticos no que facer buscas por lugar (provincia, municipio e xeodestino) ou interés (onde aloxarse, onde comer, que visitar, onde informarse, etc.).

Comunicación

Cantas veces ao día vos atopades con algún dos community managers de Turismo de Galicia?; este mércores entrevistamos a Xosé Manuel Merelles, responsable da Área de Comunicación de Turgalicia, para coñecer mellor o seu traballo de comunicación na rede. Máis alá das redes sociais, na web tendes acceso a revistas, boletíns de novas, folletos, etc.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.