A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre de 2018 unha nova sede electrónica

Na súa misión por facilitar as xestións e simplificalas ao máximo, a Xunta de Galicia poñerá en marcha no primeiro trimestre do 2018 unha nova sede electrónica, destinada a mellorar os servizos aos cidadáns.

Esta nova sede é un dos obxectivos do Plan de  Goberno e Administración  Dixital 2020, que busca consolidar  o proceso de transformación da Administración.

A nova sede electrónica estará centrada en ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, terá un deseño adaptado a dispositivos móbiles e posuirá servizos de personalización para crear perfís persoais, segundo sexa un cidadán ou unha empresa o que necesita utilizar a nova sede electrónica.

Actualmente a sede electrónica ten dispoñibles online preto do 95% dos trámites que cidadáns e empresas poden realizar  coa Administración. En 2017 os galegos realizarón máis de 280 xestións online coa Xunta a través da sede electrónica.

Ademais da nova sede electrónica, unha das medidas máis inmediatas para avanzar cara a administración integramente dixital  é o inicio da reformulación das oficinas de rexistro como oficinas de atención, para facilitar aos cidadáns e empresas unha mellor relación coa administración a través dos medios dixitais.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.