Archivos de: Blog
surfsecure

5 claves para protexer os datos persoais na rede

,

En maio do ano pasado, con motivo da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información, a Axencia Española de Protección de Datos facía un chamamento para lembrar a importancia de protexer os nosos datos persoais na rede. E destacaba 5 aspectos clave para reforzar a protección da privacidade: Dispositivos móbiles. Os […]

faceXD

Responsabilidade antes que privacidade

, ,

Comezabamos a semana botando un ollo á política de privacidade de Google. Hoxe traémosvos algunhas das principais conclusións do estudo “Privacy Index”, estudo global da compañía EMC, sobre privacidade dixital dos consumidores arredor do mundo. O estudo abarca 15 países e 15.000 consumidores. Cantos de vós fixestes clic nas ligazóns de condicións, política de uso […]

politicaprivacidad

Como usa Google os nosos datos persoais?

,

En xuño escribiamos sobre o dereito ao esquecemento na rede. Para responder á pregunta de como usa Google os nosos datos persoais, faremos o que nunca facemos: botar un ollo á política de privacidade. Ademais, o mércores falarémosvos do estudo “Privacy Index”: queremos máis privacidade pero non protexemos os nosos datos persoais. Como usa Google […]

Yoelijoelprecio1

Compras a través de internet escollendo o prezo

,

Segundo os últimos datos publicados polo Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI), as ventas online en España aumentaron un 14,3% no 2013. Na rede atopamos comodidade e aforro, estamos afeitos a buscar e comparar. yoelijoelprecio.com vai un paso máis alá e permítenos que fixemos o prezo do produto que queremos mercar. […]

Museos Xunta

As webs do mes: cultura.xunta.es e museos.xunta.es II

,

Se o luns visitabamos o novo portal web da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta, hoxe entramos na nova páxina web do Sistema Galego de Museos: museos.xunta.es. Os museos de Galicia contan cunha nova web máis visual, responsiva (na que podemos navegar a través de ordenadores ou dispositivos móbiles) e dispoñible en galego, castelán e […]

museos_xunta

As webs do mes: cultura.xunta.es e museos.xunta.es I

,

A semana pasada, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Amtega, presentaban as novas páxinas web da área de Cultura e do Sistema Galego de Museos. Comezamos presentándovos as principais novidades da web cultura.xunta.es. A Secretaría Xeral de Cultura renova a súa web co obxectivo de facilitar o acceso á información administrativa […]

minube

Guías prácticas para as vacacións

,

Hoxe volvemos a compartir a información máis importante das guías prácticas de social media sobre tripadvisor e minube: redes sociais de viaxes e ferramentas útiles para decidir o lugar das nosas vacacións. tripadvisor En tripadvisor tendes acceso a información de hoteis, restaurantes e alugueres vacacionais de calquera lugar do mundo. Podedes facer buscas por lugar, […]

cemit_julio2014

A CeMIT e o CDTIC para aproveitar o verán

, ,

A actividade da Rede CeMIT e do Centro Demostrador TIC non se detén no verán. A que cursos ou actividades podedes asistir nas próximas semanas? Atentos porque seguro que atopades algún que vos interese. Rede CeMIT Seleccionamos algunhas opcións das moitas que podedes atopar no calendario de actividades da Rede CeMIT. Comezamos por un curso […]

imaxecontidos

7 consellos sobre nenos e novas tecnoloxías

,

As novas tecnoloxías están a transformar o modelo educativo. O Proxecto Abalar é un bo exemplo de iniciativa que busca aproveitar as novas tecnoloxías para a educación dos máis novos. Pero que facer cando chega o verán? Nesta época do ano multiplícase o tempo de ocio e cómpre coidar, máis que nunca, a relación entre […]

Guía práctica | Primeiros pasos en wordpress.org II

, ,

Lembrades onde nos quedamos na última guía práctica? Xa rexistramos o dominio, contratamos o servidor e instalamos o cliente FTP no noso navegador. O seguinte paso é explicar, da maneira máis sinxela posible, como descargar e instalar wordpress.org. Descargar wordpress.org É o momento de visitar wordpress.org e descargar o arquivo que contén o sistema; veredes […]