O Centro Demostrador TIC acolle a volta ao cole e a volta ao traballo cunha chea de actividades para todos os pequenos negocios. Velaquí van as actividades que se celebrarán no mes de setembro.

Atrae visitantes e convérteos en clientes co inbound marketing
Esta actividade está destinada a empresas que desexen empregar o inbound marketing como ferramenta de captación e fidelización dos seus clientes, empresas tradicionais que se pregunten por que non chegan aos seus clientes como antes, ou emprendedores que estean en fase de desenvolvemento de novos proxectos e empresas
Onde e cando?
Na Aula CeMIT de Ourense, o 13 de setembro de 16:00h a 20:00h
Sácalles partido ás redes sociais para impulsar o teu negocio
O obxectivo principal do curso é o de formar os asistentes no cambio que internet produciu na comunicación en xeral e na comunicación nos negocios en particular, así como nos diferentes usos das ferramentas máis destacadas:
- Aprender a facer marketing a través das redes sociais no noso negocio para tratar de mellorar as nosas vendas e a nosa visibilidade.
- Analizar o novo escenario que se creou con internet e como afecta aos nosos negocios.
- Darlles a coñecer aos asistentes as claves dos usos e os cambios que se produciron na comunicación a través de internet e nas redes sociais e como afecta isto aos nosos pequenos negocios.
- Formarnos e actualizarnos coñecendo outros casos, cómo o fan outras empresas.
Onde e cando?
Na Aula CeMIT de Lugo, o 19 de setembro de 16:00h a 20:00h
Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo
Esta actividade está destinada a empresas de distribución alimentaria.
O contorno actual, cada vez máis competitivo e variable, obríga a adoptar solucións cada vez máis avanzadas e dotar os clientes das mellores ferramentas para situarse un paso por diante da competencia. Odoo e o desenvolvemento baixo licenzas de código aberto permiten afrontar esta realidade con custos realmente baixos, poñendo ao alcance das pemes recursos que doutra maneira só estarían a disposición de grandes corporacións.
Onde e cando?
Na Aula CeMIT da Coruña, o 29 de setembro de 16 a 20 horas.
Lembra que para asistir de xeito presencial a esta actividade é preciso o rexistro gratuíto no Espazo Empresa e Profesionais do CDTIC.

