Cinco maneiras de buscar imaxes sen Google

Cando necesitamos unha imaxe ou fotografía para ilustrar un artigo, unha actualización en redes sociais ou algún documento, a solución máis sinxela adoita ser utilizar o buscador de imaxes de Google.

Pero o famoso buscador non é o único sistema para buscar imaxes na rede. Hoxe traémosvos cinco alternativas á procura de imaxes de Google que vos poden ser de utilidade no voso día a día.

Yandex

O buscador máis utilizado en Rusia é unha boa alternativa a Google Imaxes. Desde  Yandex podemos facer procuras por tamaño, cor, formato ( PNG,  JPEG, GIF), orientación, por data ou mesmo buscar fondos de pantalla de certos termos.

O deseño da procura de imaxes de  Yandex é máis atractivo que o de Google e ten máis funcionalidades adicionais como texto informativo ou a resolución da imaxe que estamos a buscar.

StartPage

Se che preocupa a privacidade,  StatPage é o buscador de imaxes ideal xa que aseguran que non almacenan a túa dirección IP e teñen un cifrado  SSL de alta puntuación. Está baseado en Google Imaxes, pero engade máis funcións que o buscador.

Picsearch

Ao entrar en  Picsearch dámonos conta que o deseño non é o seu forte, pero teñen en carteira unha conta con máis de 3.000  millonesa de imaxes cunha procura avanzada que pode sernos de moita utilidade.

Bing

O buscador de Microsoft tamén incorpora a característica de atopar imaxes a través deles. O motor de Bing ofrece unha moi boa experiencia á hora de buscar imaxes, podendo gardar a imaxe cando a vemos, ver a súa orixe e mesmo ver imaxes relacionadas co elemento que estamos a ver.

TinEye

Queremos buscar unha imaxe similar a outra que temos? Pois  TinEye é o noso candidato. Subindo calquera imaxe que teñamos no noso dispositivo, o buscador realizará unha procura inversa atopando instantáneas similares á que subimos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.