Como aforrar nas túas compras online: tres aplicacións que te axudarán

Internet conseguiu que comprar sexa o máis sinxelo do mundo: desde a nosa casa podemos facer que nos traian case calquera produto, e facéndoo dunha maneira moi sinxela e directa. O que non adoita ser tan sinxelo é atopar o mellor prezo do que queremos, xa que son tantas as páxinas que nos ofrecen o que queremos, que mergullar entre todas elas buscado o mellor produto pódese converter nunha tarefa moi pesada.

Para facilitar esta tarefa, existen na rede multitude de aplicacións e servizos que nos axudan a buscar o mellor prezo do que queremos. Hoxe en Xente Dixital recomendámosvos tres destes servizos que, se non tes présa na compra, pódenche servir para aforrarte uns cantos euros.

Monitorizo

Se somos dos que compramos todo en Amazon España, Monitorizo é o noso servizo web. Funcionando desde a súa páxina web e a súa aplicación de Android, Monitorizo permítenos engadir produtos para vixiar o seu prezo, é dicir, para decatarnos cando o xigante das compras, Amazon, baixa o seu prezo para buscar aumentar as súas vendas.

Idealo

Con páxina web, aplicación para Android e iPhone, Idealo presume de ter na súa base de datos máis de 11.000 tendas online. Posúe un comparador de prezos, así como un servizo de avisos cando algo baixa de prezo ou chega ao prezo que queriamos nós.

Camelcamelcamel

Con este nome tan longo, Camelcamelcamel é un servizo similar a Monitoro: axúdanos a saber cando un prezo dun prezo baixa en Amazon España. A diferenza principal é que a aplicación web pódenos avisar tamén por Twitter (á parte de por email) e posúen extensións para os navegadores Firefox e Google Chrome, polo que podemos estar a navegar e recibir de súpeto un aviso de baixada de prezo e así poder aproveitalo ao momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.