Converte o teu televisor nun Smart TV con estes tres gadgets

Cando imos comprar un televisor, en moitas ocasións temos a dúbida de se comprar un Smart TV con funcións de conectividade ou non. Se preguntas ao vendedor, seguro que nos di que a Smart TV é o mellor, pero o certo é que na maioría de ocasións non compensa a diferenza de prezo.

Por que non compensa? Pois porque tan só tendo unha entrada HDMI (a que se usan para o reprodutores DVD) podemos darlle ao noso televisor funciones de Smart TV. Como? Cuns pequenos gadgets. Hoxe ensinámosvos tres opcións e como funcionan.

Chromecast

É o gadget por excelencia. De parte de Google chéganos este pequeno gadget que se conecta ao porto HDMI e co que podemos enviar calquera tipo de contido ao noso televisor e, ademais, ter certas aplicacións nel.

Chromecast vale 39€ a súa versión básica, e é compatible con servizos como Netflix, HBO ou YouTube. E ademais permítenos, desde Google Chrome, enviar calquera pestana do navegador que esteamos a ver nese momento.

VicTsing HDMI Wi-Fi

Competidor co Chromecast por prezo, o VicTsing ten como principal característica a súa flexiblidade: é compatible cos principais sistemas de streaming que existen no mercado: Airplay (Apple), Miracast (formato aberto) e DLNA, o cal nos permite (este último) conectarnos con dispositivos que estean en nosa mesma rede (LAN ou Wifi). Vale 19,99€ en Amazon.

EzCast M2

Cun deseño parecido ao dun pendirve, EzCast é lixeiramente máis caro que os dous anteriores, pero á parte de ser compatible con varios sistemas de streaming (Miracast e AirPlay entre eles), ten a característica de que non necesita conectarse a unha rede Wifi para funcionar, se non que pode realizar unha conexión directa co noso smartphone ou computador e realizar o envío de contido. Está por 31€ en Amazon.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.