O curriculum vitae xa pasou a mellor vida. Agora que a vida é dixital, ademais de empregar menos papel imos a empregar aplicacións que nos faciliten a tarefa de elaborar un bo CV en Internet.
Velaquí algunhas aplicacións que podes empregar, que seleccionamos pola súa facilidade de uso, por estar dispoñibles en castelán e pola súa utilidade.
1.- Linkedin. É a rede social laboral máis empregada do mundo. Desta rede xa falamos en Xente Dixital, pero traémola a este listado porque ten unha ferramenta de exportación (ver imaxe) que permite xerar un PDF co voso currículo en poucos segundos. A curva de aprendizaxe de Linkedin é máis pronunciada, pero tamén é certo que a súa enorme comunidade e implantación multiplicará os teus contactos… e as posibilidades de atopar traballo, que é o obxecto máis demandado desta rede social!
2.- CVMaker: permite crear eficaces currículos con plantillas predeseñadas nas que podes incluír información relativa a: datos de contacto básicos, experiencia laboral, cualificacións, formación, intereses e referencias. Por suposto, os campos son personalizables! Máis de seis millóns de descargas avalan este servizo en liña.
Por certo, esta aplicación ademais de estar dispoñible en castelán tamén o está en galego.
3.- Online CV Generator: os campos principais que permite cubrir este xerador de currículos son: datos de contacto, formación, experiencia laboral e finalidades. É unha ferramenta moito máis sinxela pero tamén é gratuíta.
Coñeces algunha outra aplicación para xerar currículos en liña? Déixanola nun comentario e axúdanos a mellorar!


