Guía práctica | Envía cousas dende o teléfono ao ordenador

Cantas veces che ocorreu algo similar? Tes unha fotografía no teléfono que queres ver no ordenador, ou recibiches unha ligazón por sms ou WhatsApp que queres ver nunha pantalla grande. Na guía práctica desta semana imos a repasar algúns métodos sen fíos para poder enviar información de teléfono a ordenador (e viceversa).

e-Mail

e-Mail

É a opción máis habitual. Se consultas o teu e-mail no teléfono e tamén o tes no ordenador, podes enviarte a ti mesmo a información, un clásico que nunca pasa de moda.

Mensaxería instantánea

best-messenger-apps

Esta opción so está dispoñible para aquelas apps que teñen aplicación de escritorio. Neste blog xa repasamos as diferenzas entre WhatsApp e Telegram, e para este cometido é mellor Telegram. Aínda que se usas Facebook no móbil, tamén podes enviarte a ti mesmo unha mensaxe a través de Facebook Messenger.

A través dun servizo de nube

cloud-banner

Onedrive, Dropbox, Google Drivecalquera servizo na nube no que teñas conta e teñas a aplicación para móbiles serve. Podes ata crear unha carpeta que se chame “móbil” para depositar alí todo o que queres pasar de teléfono a ordenador e viceversa. Funciona moi ben para arquivos, pero non para outro tipo de contidos como ligazóns.

De android a ordenador: Airdroid

airdroid-banner

Airdroid é unha aplicación moi potente para controlar un teléfono android dende unha páxina web. A través deste servizo podemos importar e exportar arquivos, fotografías, música, vídeos, mensaxes SMS, editar contactos… paga a pena, va que si?

Airdroid é un servizo freemium. Isto quere dicir que podemos empregalo de forma gratuíta con algunhas limitacións referentes ao espazo empregado, pero cremos que a versión gratuíta pode ser suficiente para case calquera usuario.

De iPhone a Mac: airdrop

airdrop_banner

A integración entre os teléfonos e os computadores de Apple pode aprezarse nesta sinxela aplicación. Cando un mac e un iphone están conectados á mesma rede wifi poden compartir de xeito moi sinxelo arquivos a través de airdrop, sen instalar ningunha aplicación en ningún equipo, de forma nativa.

De calquera teléfono a calquera tipo de ordenador: Pushbullet

pushbullet-banner

A derradeira alternativa da que falaremos hoxe é Pushbullet. Con esta aplicación podes enviar calquera cousa dende ordenador a teléfono móbil e viceversa, sen importar o teléfono que empregues ou o ordenador que teñas.

Funciona en Android, en iPhone e enteléfonos con Windows Phone, e nos computadores traballa con esta aplicación a través do navegador (aínda que ten extensións para Chrome, Firefox, Safari e Opera), polo que podemos dicir que é o método máis universal de todos os que falamos.

Con Pushbullet non só podes enviar arquivos, senón que podes tamén enviar mensaxes de texto, notificacións ao móbil, ligazóns…

 

Coñeces outro método ou queres que expliquemos máis en detalle algúns dos que propuxemos hoxe? Déixanos un comentario nesta entrada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.