Guía práctica | introdución aos deportes electrónicos

que-son-esports-1Cando pensamos en deporte normalmente a nosa cabeza vaise ao exercicio físico, con xente preparada e musculada realizando calquera tipo de actividade que requira un esforzo. Pero co avance das novas tecnoloxías apareceu outro tipo de deporte que non require un esforzo no plano físico: son os chamados deportes electrónicos ou eSports.

Que é un eSport? Un eSport, ou deporte electrónico, é o nome que se utiliza para denominar ás competicións de videoxogos. Estas competicións sufriron no últimos cinco anos un aumento enorme de popularidade, ata converterse en eventos seguidos por millóns de persoas con xogadores profesionais, é dicir, que se dedican exclusivamente a xogar ao xogo no seu día a día.

A orixe

A orixe dos deportes electrónicos pódese fixar na década dos setenta, cando nas universidades americanas comezouse a facer competicións privadas de xogos en máquinas recreativas de toda a vida. Pero o seu comezo como un deporte organizado sitúase a comezos do ano 2000, cando as conexións a Internet permitiron realizar competicións online e chegar desta maneira a moitos máis xogadores.

Como todo o relacionado cos videoxogos online, os primeiros campionatos de eSports (tal e como os coñecemos agora) orixináronse en Corea do Sur, sendo tamén este o primeiro país que incluíu aos eSport dentro do seu Ministerio de Deportes. É tal a popularidade dos eSport no país oriental, que hai canles de televisión que emiten exclusivamente partidas dos diferentes xogos e os xogadores son tratados como auténticas estrelas.

Os xogos

que-son-esports-2

Aínda que hai numerosos videoxogos dos que se realizan competicións, os máis populares hoxe en día son catro: ‘League of Legends’, ‘DOTA 2’, ‘Starcraft’ e ‘Call of Duty’.

‘League of Legends’ é o xogo máis popular. Nel compiten dous equipos formados cada un por 5 xogadores, os cales teñen un rol diferenciado no equipo e escollen un personaxe con diferente tipo de habilidades. O obxectivo do xogo é facerse camiño a través do mapa para chegar a destruír a base do equipo rival.

Dota 2’ é un xogo, en aparencia, moi similar a ‘League of Legends’. A idea de xogo é exactamente a mesma, pero os personaxes e as estratexias difiren moito, polo que hai xogadores que prefiren leste. ‘Starcraft’ é o xogo máis veterano no mundo dos eSport: é un xogo de estratexia no que dous xogadores contrúen o seu propio exército e enfróntanse entre si. E finalmente ‘Call of Duty’ é un xogo en primeira persoa no que, con armas, tes que matar os membros do equipo rival a través das diferentes roldas.

Que os fan tan populares?

Do mesmo xeito que outros deportes, a popularidade dos eSport radica en que calquera pode xogalos. Obviamente, chegar a xogador profesional require unhas habilidades particulares, pero que os espectadores coñezan exactamente como é o xogo é un dos puntos a favor da súa popularidade. Tamén o son as retransmisións, con plataformas como Twitch ou YouTube Gaming, os espectadores poden ver de maneira moi sinxela as partidas dos seus deportistas favoritos.

Se desexas coñecer máis a fondo o mundo dos eSport podes ler este especial de Hipertextual ou mergullarche de cheo grazas a eSports Xataka.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.