Como recuperar as lapelas pechadas do teu navegador

Cando estamos a navegar por Internet poden ocorrer centos de cousas que fagan que perdamos o que estabamos a ver: un corte de enerxía, o bloqueo do computador ou simplemente unha mala combinación de teclas que pulsamos polas présas ou por accidente.

Ás veces é tan só unha lapela a que perdemos, pero se estamos a buscar información ou no medio de algo importante, é habitual ter moitas lapelas abertas e perder todo o traballo que tiñamos. Afortunadamente, hai maneiras de recuperar esas lapelas pechadas recentemente. Hoxe ensinámosche como facelo nos navegadores máis populares:

Recuperar lapelas en Google Chrome

No navegador de Google a recuperación das lapelas pódese facer de varias maneiras:

–        Botón dereito sobre unha lapela e facer click en “Volver abrir lapela  pechada”

–        Coa combinación de teclas CTRL+SHIFT+T ou CMD+SHIFT+T se estamos en Mac

Recuperar lapelas en Firefox

Mozilla tamén ten a opción de recuperar lapelas. Pódese facer de diferentes maneiras:

–        Facer click no símbolo + e darlle a “Desfacer o peche da lapela”

–        Coa combinación de teclas CTRL+SHIFT+T ou CMD+SHIFT+T se estamos en Mac

Recuperar lapelas na internet Explorer e Edge

Microsoft tamén nos permite recuperar as lapelas pechadas nos seus dous navegadores. Na internet Explorer e Edge faise igual que en Google Chrome, con botón dereito na lapela aberta e facendo click en “Reabrir lapela pechada” e tamén coa combinación de teclas CTRL+SHIFT+T

Reabrir lapelas en Safari

O navegador de Apple permite abrir de novo a lapela pechada de maneira moi directa, con CMD+Z (teclado abreviado para desfacer) e facendo click no + da lapela para ver unha lista de lapelas pechadas con anterioridade.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.