SuperTabs, a extensión para Chrome que che permitirá navegar de maneira máis sinxela

Cando estamos a buscar información, a miúdo atopámonos con que acabamos co noso navegador con multitude de pestanas que non sabemos como xestionar.  Chrome é un dos navegadores máis usados no mundo, pero ata agora non atopou a mellor maneira de xestionar un gran número de pestanas.

 

Para os  acumuladores de pestanas esta xenial e simple extensión chamada  SuperTabs pode ser a solución que esperaban. Ten só dúas funcións, pero ambas son letais.

SuperTabs engade unha icona á barra de extensións de  Chrome cun contador de pestanas abertas, isto é perfecto para cando tes tantas que é case imposible contalas só mirando.

A segunda e máis importante función deste complemento: unha lista comprensible das pestanas que tes abertas e que che permite ir a elas nun só  click. Se usas  Chrome e abres máis pestanas das que pode axustar a interface do navegador polo reducido espazo en pantalla, sabes que se empezan a encoller a tal nivel que sen  visualmente  indistinguibles.

Co teu botón de  SuperTabs en Chrome podes mirar a lista de pestanas co seu título descritivo, navegar entre elas facendo  scroll, ou mesmo podes usar o buscador integrado. SuperTabs é de balde e podes descargar a extensión nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.