Vaiche o Windows lento? Microsoft dáche estes consellos para melloralo

Todos os que usamos Windows, o sistema operativo de Microsoft, sabemos que co paso do tempo este vaise deteriorando e volvéndose cada vez máis e máis lento. Os virus, troianos e outro tipo de software malicioso adoitan ser os culpables destes incrementos de lentitude, pero tamén pode haber outros factores que afecten.

Microsoft é consciente que o seu sistema, en ocasións, vólvese inestable e complicado de usar, por iso ten publicado unha serie de consellos que poden sernos útil para corrixir a lentitude do noso sistema operativo. Estes consellos son para Windows 10, a última versión, pero a maioría poden aplicarse ás versións anteriores con pequenas variacións.

Actualizar Windows e controladores

Aínda que a maior parte das veces as actualizacións molestan, ter o sistema operativo actualizado garántenos que os buracos de seguridade e os fallos existentes estean corrixidos. Tamén é recomendable ter os controladores, os drivers, actualizados á súa última versión xa que así nos aseguramos que sexan o máis compatibles posibles.

Abre só as aplicacións que necesites

Este pode parecer un consello moi obvio, pero segundo o computador que teñamos Windows pode non manexar moi ben varias tarefas á vez, polo que é sempre aconsellable abrir só as aplicacións que necesitemos e pechar as que non esteamos a usar.

Comprobar a memoria

A memoria e o uso da CPU é algo ao que temos que botar unha ollada se o noso computador vai lento. Se o consideramos oportuno, podemos aumentar a memoria RAM para que todo vaia mellor, pero se non queremos, podemos facer uso do sistema de paxinación, que é permitir que Windows utilice o espazo libre no disco duro coma se fose unha memoria RAM.

Par activar a paxinación debemos ir a Sistema avanzado > Ver a configuración avanzada do sistema > Avanzadas > Configuración > Cambiar. Neste apartado podemos poñer un tamaño máximo do arquivo de paxinación, pero o recomendable (se temos espazo) é que dobre ou triplique a memoria RAM que temos.

Comprobar os programas do inicio

Hai programas que, debido á súa configuración, execútanse nada máis iniciar o Windows. Podemos desactivar eses programas que nos poden retardar o sistema desde o Administrador de tarefas.

Estes son só algúns consellos, pero na páxina de soporte de Microsoft podemos consultar todos os consellos que a empresa de Redmond suxire para que noso Windows vaia que dá xenio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.