1mes_1profesiondixital

Arranca “1 mes, 1 profesión dixital”

,

A semana pasada botaba a andar a campaña “1 mes, 1 profesión dixital”: campaña de divulgación e difusión dos novos perfís profesionais da era dixital, organizada pola Amtega e o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia). A campaña desenvolverase durante 6 xornadas ata outubro e o obxectivo é crear conciencia da necesidade […]

CeMIT_Coruna

Unha plataforma de intercambio cultural para emigrantes ou unha app para agricultores, entre os proxectos de CeMIT-Innova

,

A Amtega e Fundetec veñen de seleccionar as 10 aulas da Rede CeMIT que participarán no proxecto de Innovación Social Dixital CeMIT-Innova, do que xa vos falamos en Xente Dixital. Lembrade que a iniciativa busca enfrontarse a retos locais relacionados coa educación, a saúde ou o emprego, entre outros, a través das novas tecnoloxías. As […]

Guía práctica | 10 consellos para aumentar o número de seguidores en Facebook

, ,

Xa sabedes como crear unha páxina de empresa en Facebook. O complicado é conseguir un crecemento constante do número de seguidores e unha comunidade que interactúe. Que podedes facer para que aumente o número de seguidores? Crear contido de valor. Actualizar con frecuencia o blog daravos contido que compartir en redes sociais. Tamén funcionan ben […]

lifeseeker

Gradiant participa en LifeSeeker, unha ferramenta para atopar persoas desaparecidas

,

En marzo presentábase LifeSeeker, proxecto desenvolvido por Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia) e a empresa Centum. LifeSeeker permite detectar móbiles de persoas perdidas en lugares de difícil acceso como montañas ou zonas devastadas. A Xunta apoia a comercialización deste produto a través do fondo i2C. O sistema transforma os móbiles en radiobalizas de […]

libraria.xunta.gal

Ponse en marcha libraria.xunta.gal

,

A Xunta e a Amtega veñen de presentar a Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma na que a Administración concentra todo o seu fondo editorial e o pon a disposición de cidadáns e librarías. libraria.xunta.gal é a primeira canle de comercio online da Administración e forma parte da estratexia da Xunta para a dixitalización, catalogación, […]

Global Retail Ecommerce

España, entre os 25 países máis atractivos para o comercio electrónico

,

A consultora A.T. Kearney ven de publicar o informe “The 2015 Global Retail E-Commerce Index” que contén unha lista cos mercados mundiais que ofrecen un maior atractivo para o comercio electrónico. España aparece por primeira vez entre os mercados máis atractivos para o ecommerce. O ranking está encabezado por Estados Unidos que consegue unha nota de […]

E os gañadores de Galicia Open Future son…

, ,

Situm Technologies, Appentra e Monet son os 3 proxectos gañadores da primeira edición de Galicia Open Future. Cada un dos gañadores recibiu unha axuda de 25.000€ da Xunta a través da Axencia Galega de Innovación para que poidan continuar co desenvolvemento do seu proxecto. Ademais poderán acceder a un préstamo reembolsable doutros 25.000€. Galicia Open […]

Navegantes-en-la-red

Navegantes en la Red: Que facemos en internet?

, ,

A principios de marzo a AIMC (Asociación para a investigación de medios de comunicación) presentaba a última edición da enquisa Navegantes en la Red. 20.900 respostas válidas que desvelan os hábitos e opinións sobre internet en España. A sondaxe faise a usuarios que responden voluntariamente a través de máis de 200 sitios web. Na rede…, […]

enoturismo

A aplicación do mes: Enoturismo

,

Esta aplicación é útil para coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia e para achegarse ás distintas denominacións de orixe incluíndo as características dos seus territorios e dos seus viños. Desenvolvida por Turgalicia, está dispoñible para dispositivos móbiles Android, iOS e BlackBerry. Na app atoparedes información dos establecementos adheridos ás rutas […]