Falta de tempo? Utiliza estas ferramentas para organizarte no mundo laboral

Cando diriximos equipos, unha das tarefas máis complexas é a de administrar correctamente o tempo. Ser eficiente e non sobrecargar os empregados é unha tarefa primordial á que debemos prestar o máximo das nosas atencións.

Por esta razón, resulta interesante botar man de ferramentas que nos axuden a xestionar o noso tempo no mundo empresarial. Ao utilizalas, poderemos ser máis eficientes tanto a nivel de traballo como das horas que se dedican ás diferentes tarefas. Hoxe recomendámosvos dúas aplicacións que nos poden axudar neste tema.

Timely

Dispoñible na actualidade só para plataformas Apple (as versións para Windows están en camiño), Timely é unha das ferramentas máis interesantes para xestionar o noso calendario laboral. Cunha interface moi sinxela, con este programa podemos realizar calendarios específicos, importar os eventos doutras aplicacións e, mesmo, calcular a cantidade que se debería cobrar aos clientes baseándonos no tempo traballado.

Timely é tan potente que nos permite traballar en grupo, realizar informes de traballo e tamén levar un seguimento de todo o que realizamos nos nosos proxectos: desde as horas investidas pasando polos correos electrónicos enviados ou as visitas realizadas.

Timeneye

Con Timeneye xestionar e admininistrar o tempo que realiza o noso equipo convértese na tarefa máis sinxela do mundo. Cunha interface moi clara, Timeneye é unha potente ferramenta coa que podemos asignar proxectos a equipos, controlar as horas que realizan os membros, coñecer o avance dos proxectos ou xerar informes de estado.

Unha das características máis interesantes de Timeneye é a súa integración con outras aplicacións de traballo en equipo como Basecamp, Asana, Trello ou Wunderlist, converténdoo desta maneira nunha ferramenta moi a ter en conta para a nosa xestión de equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.