Motosharing, así son as empresas de aluguer de motos eléctircas

Estamos a vivir un momento no que o compartir para aforrar está en  boga e estase comezando a aplicar no noso día a día. Se xa se comparte casa, coche e viaxes agora comeza a aparecer en España o “motosharing”, o aluguer de motos eléctricas compartidas.

En que consiste esta nova iniciativa? Pois do mesmo xeito que outras que potencian compartir sistemas. O  motosharing son empresas que, a través de aplicacións móbiles, permiten aos usuarios alugar motocicletas por curtos períodos de tempo para poder moverche pola cidade en momentos puntuais.

Na actualidade, Madrid é a cidade que máis empresas deste tipo está a ter, xa que a súa poboación e a súa urbe permite que este servizo sexa moi demandado. Así son as principais empresas que se están implantando na capital con este novo servizo:

  • eCooltra: ten máis de 1000 motos eléctricas de 49 centímetros cúbicos. É na actualidade a empresa con máis vehículos pola cidade e iso é o que venden: a súa dispoñibilidade.
  • IoScoot: con motocicletas en dúas versións (49 e 125 centímetros cúbicos), os vehículos desta marca caracterízanse por ser unhas motos todoterreo que se poden levar a sitios que outras non poderían ir.
  • Movo: empresa filial dos coñecidos Cabify, acaban de aterrar en Madrid e como principal atractivo, ofrecen vehículos cunha autonomía de ata 80 quilómetros, case o dobre que os seus competidores.
  • Muving: con motos de 125 centímetros cubos, esta empresa española ten como atractivo que é unha das que mellores tarifas ten sen importar a hora do día na que alugues o vehículo.

Canto vale alugar unha moto? Os prezos dependen de cada empresa, pero oscila entre os 20 e os 25 céntimos por minuto de uso, polo que é unha alternativa viable se necesitamos movernos de maneira rápida nunha cidade grande como pode ser Madrid.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.