Os easter egg máis curiosos e divertidos do software

Ser programador pode significar estar moitas horas diante dunha pantalla chea de liñas de código para lograr que o teu programa funcione como debe. Neses momentos nos que o programador non sabe por que non funciona o tema, en moitas ocasións o seu cerebro vaise a outras lides e acaban introducindo cousas curiosas e divertidas no seu software, son os chamados “easter egg”

Que é un easter egg?

En termos de software, un easter egg ou ovo de pascua é unha característica oculta que se pode atopar nun xogo, un software ou mesmo unha película en DVD ao que se chega dunha maneira específica e única. Ten a súa orixe no xogo “Atari Adventure” de 1978, onde o programador escondeu o seu nome, Warren Robinett, nunha zona oculta dunha fase. Chámanse así pola tradición anglosaxona de buscar ovos de pascua, xa que sempre están ocultos e lévaste unha sorpresa ao atopalos.

Os easter egg máis curiosos

Actualmente, nunha alta porcentaxe de programas e xogos existen este tipo de curiosidades. Os programadores introdúcenas porque achegan un toque divertido aos programas e un extra de contido aos xogos e películas. Aquí tedes unha pequena lista cuns cuantos que podedes comprobar en diferentes xogos e programas:

  • Se utilizamos a versión 2010 de Office, no Microsoft Excel existe un pequeno xogo de coches escondido. Para descubrilo hai que seguir unhas instrucións moi específicas, nesta web (en inglés) están os movementos paso por paso.
  • En Android, na maioría de versións existe unha característica oculta. Se na parte de “Acerca do Teléfono” das opcións dámoslle varias veces ao número de versión algo pasará. Segundo que Android sexa, podemos atoparnos con imaxes, un xogo ou algún son.
  • Facebook tamén ten as súas curiosidades, aínda que moitas foron desaparecendo coas súas redeseños. Unha que aínda se mantén é que se en calquera parte de escribir poñemos :putnam:, o noso texto converterase nun curioso emoji do enxeñeiro de Facebook Chris Putnam.
  • A famosa páxina BuzzFeed é outra que se apunta ao carro, e esta vez cun clásico dos videoxogos: o código Konami. Este código non é máis que unha combinación de teclas que se utilizaba, e nalgúns aínda se fai, nos xogos da compañía Konami para activar a parte de trucos. Esta combinación de teclas é (coas teclas de cursor): ↑ ↑ ↓ ↓ ← → ← → B A. Se o facedes nesta páxina (e noutras), pasará unha cousa moi curiosa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.