Tecnoloxía do futuro presente | O material “hidrofóbico” que repele os líquidos

As investigacións en nanotecnoloxía permiten crear materiais con propiedades antiadherentes. Se te fixas na pantalla do teu smartphone, cada vez é máis difícil que queden as pegadas dos teus dedos, e iso débese a un recubrimento oleofóbico, isto é, que repele calquera tipo de aceite.

maxresdefault

Outra propiedade antiadherente serve para dotar de capacidade de repulsión a todos o líquidos a certos materiais. Non é nada novo; na natureza, as telas de araña, as plumas das aves ou mesmo moitas verduras como as verzas desenvolven de forma natural un recubrimento hidrofóbico.

O reto tecnolóxico consiste en levar este antiadherente a calquera produto. Son varias as empresas que comercializan xa un produto similar, e mesmo algunhas cidades están empregando unha pintura especial hidrofóbica para impedir que os líquidos se fixen nas paredes.

Que usos se lle poden dar a esta tecnoloxía hidrofóbica?

O primeiro uso que se nos ocorre é na roupa…. botas que non se mollan? Sería un gran invento, non? Pois xa existe un spray que permite dotar á roupa destas características

Pensa agora nunha cidade en festas… quizais se resides no casco vello da túa vila ou cidade comprendas de que estamos a falar. Este tipo de pintura podería repeler as mexadas nas paredes. Caro, pero efectivo.

 

Uso artístico desta tecnoloxía

O lecer e maila arte non son alleos a este tecnoloxía. Un uso alternativo a este material consiste en darlle unha segunda vida ás rúas molladas pola chuvia, por exemplo.

E ti, que farías se puideses empregar este líquido?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.