Tecnoloxía do futuro presente: así se cambian as caras en vídeos con intelixencia artificial e “Deep Fake”

A tecnoloxía avanza tan rápido que en moitas ocasións non nos damos conta do que xa se pode conseguir. Un dos avances  que se puxeron máis de moda son os “deep fakes”: vídeos que a través de cálculos complexos e intelixencia artificial son capaces de falsificar a cara dunha persoa nun vídeo.

Como se fan? O sistema baséase no cambio de caras que vimos nalgunhas aplicacións como  Instagram ou Snapchat. É un algoritmo de aprendizaxe complexa que é capaz de estudar miles de fotos e, grazas a elas, introducilas nunha escena en vídeo falsificando, desta maneira, a presenza dunha persoa.

A tecnoloxía está bastante avanzada e, ao parecer, é bastante alcanzable para calquera, conseguindo resultados bastante cribles se non os estudamos ao detalle. O problema vén cando esta tecnoloxía utilízase para fins non demasiado legais, xa que se comezaron a ver pezas de vídeo en páxinas para adultos falsificando a cara de actrices, políticos ou persoas famosas.

Que hai que sacar en claro? Que na internet, tanto na web como nas redes sociais, temos que velo todo con espírito crítico. Estamos nunha época de grandes avances e aínda que nos pareza ciencia ficción, é posible facer case calquera cousa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.