Tag Archives: app do mes
enoturismo

A aplicación do mes: Enoturismo

,

Esta aplicación é útil para coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia e para achegarse ás distintas denominacións de orixe incluíndo as características dos seus territorios e dos seus viños. Desenvolvida por Turgalicia, está dispoñible para dispositivos móbiles Android, iOS e BlackBerry. Na app atoparedes información dos establecementos adheridos ás rutas […]

carnexove

A aplicación do mes: Carné Xove

,

Tedes o Carné Xove? Está dispoñible para todas as mozas e mozos de entre 12 e 30 anos. Se queredes saber como facelo, onde empregalo ou como converterse en establecemento adherido, facede clic aquí. O Carné Xove permítevos obter descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 […]

tecladogalegoandroid

A aplicación do mes: Teclado galego para Android, gañadora do concurso de apps de Faite Dixit@l!

, ,

A aplicación ‘Teclado galego para Android’ foi a gañadora do ‘Primeiro Concurso Faite Dixit@l de Aplicacións Móbiles’. O concurso foi unha das actividades do proxecto de capacitación dixital Faite Dixit@l! do que vos falamos a finais de ano. A app permite integrar en dispositivos móbiles un teclado especificamente desenvolvido para escritura en galego. Incorpora un […]

PcPG

A aplicación do mes: PcPG-Contratos de Galicia

,

A Xunta acaba de publicar a aplicación da plataforma de contratos de Galicia. Trátase dunha app desenvolta pola Amtega que permite a consulta en calquera momento e dende calquera lugar, dende o móbil ou dende a tablet, da información da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Dispoñible en galego e castelán, actualízase de xeito constante […]

abalarMobil

A aplicación do mes: abalarMóbil, dispoñible para máis de 42.000 familias

,

A aplicación do mes volve a ser abalarMóbil. Nos últimos catro meses, a Amtega, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, triplicou o número de centros que poden dispoñer da aplicación abalarMóbil. Convén lembrar que a aplicación permite ás familias seguir a actividade dos nenos a través dos dispositivos móbiles. Hoxe abalarMóbil […]

app_MuseoCentroGaias

A aplicación do mes: Museo Centro Gaiás

,

Coñecedes o Museo Centro Gaiás? É parte fundamental da Cidade da Cultura. 3 plantas que acollen exposicións temporais, instalacións e eventos como o Womex 2014, a feira profesional de ‘world music’ máis importante do mundo, que se celebra en Santiago dende mañá ata o próximo 26 de outubro. Cando visitedes o museo non esquezades descargar […]

App_MeteoGalicia

A aplicación do mes: MeteoGalicia

,

No mes de agosto presentábase a aplicación oficial de MeteoGalicia. Nela podemos consultar a predición meteorolóxica detellada por concello para os próximos 10 días, ademais do estado do mar, predicións para todas as praias de Galicia, predición xeral e mareas. Dende a sección “Observación” pódese acceder ás imaxes en tempo real do radar de MeteoGalicia […]

A aplicación do mes: Parques Naturais de Galicia

,

Que mellor maneira de completar o verán que visitando algún dos parques naturais que temos en Galicia? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación da Xunta Parques Naturais de Galicia. É unha guía creada pola Xunta de Galicia sobre o Parque Nacional e os 6 parques naturais existentes na Comunidade. A guía enumera […]

A aplicación do mes: MeteoRoute

, ,

Co verán recén estreado descargamos e instalamos MeteoRoute, aplicación que forma parte do catálogo de apps da Xunta. Permite consultar a predición meteorolóxica e oceanográfica para rutas e viaxes, tanto por terra como por mar. A aplicación permite consultar a predición para unha ruta: estado do ceo, temperatura, precipitación, vento, humidade relativa, presión atmosférica, cota […]

box_logo

A aplicación do mes: Box

,

Box é unha app moi sinxela que permite editar e compartir arquivos con compañeiros de traballo ou de clase. Podedes crear ou editar documentos de texto, follas de cálculo ou presentacións, comentalos e facer correccións. Podemos compartir contidos e manternos en contacto co noso equipo de traballo dende calquera lugar e mediante calquera dispositivo. Box dános […]