Tag Archives: xente dixital
Facebookatwork

Facebook at work antes de finais de ano

,

Ou iso é o que anunciou a principios deste ano. Que a beta da súa rede social empresarial sairá ao público a finais de ano cunha versión gratuita tipo freemium. Facebook at Work é unha rede social privada para empresas para compartir contido entre colaboradores e xestionar actividades relacionadas cun proxecto. A ferramenta permitiranos crear […]

Viaxe ao pasado a través de Phottic

,

Hoxe achegámonos por primeira vez aos proxectos integrantes da segunda edición de Galicia Open Future. No día do Regreso ao futuro nós viaxamos ao pasado con Phottic, unha plataforma global de fotografía histórica na que as comunidades locais reviven o seu pasado. Falamos con Manuel Pan, CEO do proxecto, para que nos conte que é […]

softlibreONG

O xoves na Cidade da Cultura, primeira xornada de boas prácticas con software libre en ONG

,

A Amtega celebra este xoves a “I Xornada de boas prácticas con software libre nas ONGs e entidades de acción social”. A Cidade da Cultura acollerá relatorios sobre experiencias de implantación de software libre en entidades asociativas e sociais e experiencias de uso de ferramentas deste tipo no ámbito da cooperación e a inclusión social. […]

RetegalSantiago

As novidades do Plan de Banda Larga 2020

,

A principios de outubro aprobábase o Plan de Banda Larga 2020 para que os galegos teñamos acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións, capaces de proporcionar servizos de entre 30 e 100 megas. A banda larga en outubro do 2015 Hoxe case todos os galegos, dos servizos públicos e os parques empresariais, contan con acceso […]

1mes1profdix

1 mes, 1 profesión dixital: tecnoloxías informáticas na arquitectura

, ,

A campaña “1 mes, 1 profesión dixital” chega ata o salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Mañá celébrase alí a xornada “Faite profesional dixital de tecnoloxías informáticas na arquitectura”. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Amtega. Os asistentes poderán achegarse ás […]

Chromecast_Audio

O dispositivo do mes | Google Chromecast

,

Quen necesita unha smart TV tendo Google Chromecast. É un dispositivo de reprodución de contido multimedia en streaming que se conecta á televisión a través da entrada HDMI. Serve para reproducir na televisión calquera contido que teñades nos dispositivos móbiles ou no portátil. Funciona con dispositivos iOS e Android, portátiles Mac e Windows e Chromebooks […]

20130926_pemes_800

Conectámonos máis e con máis idade

,

O INE vén de publicar os últimos datos sobre equipamento e uso das TIC en Galicia durante este ano. Unha das principais conclusións é que un 75% dos fogares de Galicia están conectados á rede mediante banda larga, un 8,5% máis que o ano pasado. Segundo o Osimga (Observatorio da Sociedade da Información e a […]

easelly

Guía práctica | 3 aplicacións para crear infografías

, ,

Agora que xa sabedes porque debedes crear infografías, recomendámosvos 3 aplicacións que vos van axudar a acadar un resultado moi atractivo dunha maneira sinxela. easelly Podedes crear unha infografía dende cero ou usar algunha das moitas plantillas que ofrecen. Trátase de xogar cos distintos elementos de cada plantilla e de introducir o texto que queirades. […]