Tag Archives: Xunta de Galicia
GaliciaCalidade_app

A aplicación do mes: Galicia Calidade

,

Queredes saber cales son os produtos Galicia Calidade? Na Google Play ou na Apple Store podedes descargar a aplicación oficial de Galicia Calidade con información actualizada sobre as empresas que contan con produtos amparados polo selo de calidade autonómico da Xunta de Galicia. Podedes obter información sobre o selo Galicia Calidade e acceder ás fichas […]

enoturismo

A aplicación do mes: Enoturismo

,

Esta aplicación é útil para coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia e para achegarse ás distintas denominacións de orixe incluíndo as características dos seus territorios e dos seus viños. Desenvolvida por Turgalicia, está dispoñible para dispositivos móbiles Android, iOS e BlackBerry. Na app atoparedes información dos establecementos adheridos ás rutas […]

abertos.es

Repasamos open data

,

Esta semana queremos falarvos do open data. Que é? Como xa vos contamos hai tempo en Xente Dixital, é unha filosofía que busca que determinados datos estean dispoñibles para todo o mundo sen ningún tipo de licenza restritiva. O open data, ou datos abertos, está relacionado coa información que manexa a Administración e que se […]

abertos

A web do mes: abert@s. Portal open data da Xunta de Galicia

,

Hoxe toca afondar nunha web que seguro que vos vai a sorprender: abertos.xunta.es, portal open data da Xunta de Galicia. Que é? É unha iniciativa da Xunta para impulsar a apertura de datos de todos os organismos públicos e promover a súa reutilización, sempre que respetemos as condicións de uso. Información xeográfica, estatística, meteorolóxica, turística, […]

cdtic

Que é o CDTIC?

,

O CDTIC é o Centro Demostrador TIC, escaparate tecnolóxico de Galicia e un referente para a introdución das TIC nas empresas galegas a través da asesoría e da formación tecnolóxica. É unha iniciativa da Amtega e da Consellería de Traballo e Benestar xunto coa entidade pública Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria. Ubicado no Centro de […]

sedeelectronica

Aínda non usas a sede electrónica da Xunta?

, ,

Un dos exemplos da modernización e dixitalización dos servizos públicos galegos, é a sede electrónica da Xunta de Galicia. Permitirá resolver calquera trámite administrativo os 365 días do ano, as 24 horas do día e dende calquera punto con acceso á rede; hoxe xa podemos xestionar o 38% dos procedementos administrativos sen saír da casa. […]

axendadixital

Que é a Axenda Dixital de Galicia?

,

A Axenda Dixital de Galicia é a estratexia tecnolóxica global da Xunta para integrar as TIC na sociedade, modernizar os servizos públicos e contribuír ao crecemento dos principais sectores produtivos coa tecnoloxía como elemento tractor. Como se está a traballar para acadar este obxectivo? Na modernización da Administración e da Xustiza. Con plans específicos en […]

servizosnomapa

A aplicación do mes: Servizos no mapa

, ,

A páxina web da Xunta conta cunha nova funcionalidade que facilita a localización de 4.300 centros de servizos públicos da comunidade. Servizos no mapa permite situar centros educativos, sanitarios e culturais, entre outros, das administracións locais, autonómicas e estatal, e acceder aos seus datos de contacto. A aplicación está dispoñible en xunta.es, en Espazo e!, ou na […]