A app do mes | O tradutor Gaio chega aos móbiles

gaio appA Amtega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de publicar a aplicación móbil do popular tradutor online Gaio, o servizo de tradución interna da Administración galega e que a Xunta publicou en 2015 para o servizo de todos os cidadáns.

A evolución cara aos dispositivos móbiles é un paso natural, e traslada aos novos trebellos en mobilidade as vantaxes do tradutor da Xunta.

 

Gaio, un servizo con máis de 3 millóns de consultas

Desde que se puxo a disposición da cidadanía o pasado ano, Gaio  recibiu máis de 1 millón de visitas que puideron acceder á tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán etc.

No que leva aberto ao público, o servizo de tradución Gaio rexistrou 3,2 millón de consultas, que supuxeron a tradución de preto de 190 millóns de palabras.

A aplicación, paso a paso

captura_gaio

A aplicación conserva a facilidade de uso e sinxeleza da versión de escritorio.

O menú lateral esquerdo contén as funcionalidades básicas que permitirán a escolla das linguas a traducir (castelán, galego, portugués, inglés, catalán ou francés).

Entre as novidades que incorpora a app con respecto á web destacan as “traducións favoritas”, unha funcionalidade que permite gardar e recuperar en calquera momento un listados das traducións realizadas e que queremos conservar para a súa posterior consulta.

A nova app beneficiarase tamén das melloras que se vaian incorporando aos dicionarios da aplicación web, creando unha base de datos viva que, na actualidade, inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os concellos, consellerías, etc.

Descarga de balde a aplicación para android e para iOs e pérdelle o medo ás traducións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.