“Faite Dixit@l”, o portal de recursos e iniciativas do Plan de Inclusión Dixital

A Amtega vén de publicar o portal Faite Dixit@l, a páxina que integra nun único espazo os servizos, proxectos e actividades impulsadas no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020.

Coa posta en marcha de http://faitedixital.xunta.gal/, a cidadanía conta cun único punto de acceso ás distintas iniciativas que se están a desenvolver en Galicia en torno aos tres eixos principais do Plan: alfabetización e capacitación dixitais, e impulso da innovación social dixital.

faitedixital1

A organización dos contidos ofrece unha fácil navegación e accesibilidade dos contidos para todos os públicos, e céntrase en darlle un maior protagonismo aos usuarios finais do Plan de Inclusión Dixital, xa que facilita a busca e acceso áxil á información que máis se adapte as súas necesidades, cuns contidos estruturados.

Que podes atopar na Web?

A portada de Faite Dixit@l presenta o Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, así como a formación e os proxectos dispoñibles en cada un dos tres eidos de actuación. O resto do contido estrutúrase en cinco bloques: A Estratexia, Os Aliados Dixitais, Os Servizos, Os Recursos e A Actualidade.

faitedixital2

No apartado da Estratexia, a web ofrece toda a información relacionada con Plan de Inclusión Dixital de Galicia: os seus valores, obxectivos, os destinatarios, os servizos, así como o camiño percorrido cos proxectos da Rede CeMIT e o Programa de Voluntariado Dixital, xa que foron o punto de partida para posta en marcha do Plan.

O espazo dos Aliados Dixitais explica os pasos para adherirse ao Plan como aliado dixital e amosa os diferentes perfís de aliados: mecenas, referentes, menores, voluntarios e entidades colaboradoras, e as súas achegas. Xa son máis de 700, e seguimos sumando!

O bloque dos Servizos presenta o catálogo de servizos dixitais dispoñibles tanto de formación presencial, teleformación, certificación de competencias dixitais en ofimática (CODIX), proxectos e iniciativas singulares, faladoiros e apoios dixitais.

En Recursos os usuarios acceden aos diferentes tipos recursos que teñen a súa disposición: a rede de aulas CeMIT, o mapa de e-Servizos de inclusión dixital, a comunidade virtual do voluntariado dixital, o espazo multimedia de aprendizaxe así coma contidos e publicacións de interese.

Finalmente, a web tamén dispón dun apartado de Actualidade, que permite acceder as novas e eventos, proxectos, informes de interese en torno á inclusión dixital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.