Máis de mil procedementos da Xunta poden realizarse de xeito electrónico

Dende o portal de sede electrónica da Xunta de Galicia xa é posible realizar máis de mil tramitacións. En concreto, 1.210 os procedementos administrativos aos que os galegos e galegas poden acceder a través do portal https://sede.xunta.es.

procedementos xunta
Os 1.210 trámites aos que agora se pode acceder de xeito electrónico supoñen máis do 80 por cento do total que oferta a Xunta de Galicia. Isto e, a día de hoxe a administración galega está aberta todos os días do ano as 24 horas do día para 4 de cada 5 trámites que oferta.

Ao longo de 2015 fixéronse preto de 63.000 presentacións electrónicas, case o dobre que no ano anterior, o que da boa mostra do interese que a medida suscita tanto en particulares como en empresas.

Acceso para todos

O portal da sede electrónica da xunta é accesible con certificado dixital, con DNI electrónico e con Chave 365. Chave365 é o sistema que permite identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de empregar os dous anteriores. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal, e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Entre todos os documentos presentados, velaquí algúns dos que reciben máis visitas ou interesan máis aos cidadáns:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.