Praia e tecnoloxía tamén poden ser compatibles

Estás desexando ir á praia, pero… sabes cales son os areeiros galegos que dispoñen de bandeira azul? Podes consultalo no portal de Open Data da Xunta. Alí tes os datos sobre as praias galegas con bandeira azul en 2016. Son 123 os areais galegos que contan con esta distinción.

Praia, piscina, monte… calquera que sexa a túa opción, non é incompatible coa tecnoloxía. Velaquí van algúns consellos para que teñas en conta nas túas escapadas de verán.

O móbil, unha preocupación

mobilorangecardLevar o teléfono móbil á praia sempre é unha preocupación. Se tes medo de que cho poidan roubar pero precisas estar localizado, Orange ten un teléfono que so serve para chamar e recibir chamadas. Chámase Card Phone e custa 29 euros, e ten o tamaño dunha tarxeta de crédito.

É un teléfono secundario que che permite deixar o teu smartphone na casa.

 

 

8018080205248Se es dos que non pode vivir sen teléfono, procura protexelo cunha funda impermeable para que non sufra na auga. Os teléfonos de gama alta xa poden empregarse debaixo da auga (todos teléfonos que teñen a certificación IP67 ou IP68 resisten en menor ou maior medida a auga), pero pensa que a auga do mar – e a dalgunhas piscinas – é salgada, e pode afectar de forma fatal ao teu smartphone.

 

 

safetanCon todo, existen solucións “disuasorias”, como empregar un bote baleiro para meter os obxectos de valor. O produto “Safe Tan” simula ser unha crema de bronceado, e podes meter dentro dela o que precises: chaves, teléfono, diñeiro…

Coida a túa pel tamén dende o móbil

Con UVLens podemos ter unha lectura dos niveis de radiación ultravioletas actuais en calquera parte do mundo. É de interese para todos os usuarios, pero sobre todo para aqueles que tedes a pel máis clara.

E lembrade que aínda que o ceo estea gris, iso non quere dicir que poidades ir sen protección! Evita as horas centrais do día, se posible.

uvelens

Descarga a aplicación para iphone, android ou windows phone. Con todo, tamén podes consultar a radiación ultravioleta dende a web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.