Séntanse as bases da “Memoria Dixital de Galicia”

A semana pasada sentáronse as bases para un proceso fundamental para a cultura galega: dixitalizar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e conservalo nun fondo que se albergaría no Gaiás.

O proxecto conta cun orzamento de 9,1 millóns de euros, impulsará o xurdimento de novos servizos e contidos para a industria e o turismo cultural, e aumentará o potencial do patrimonio para actividades de investigación.

Interior da Biblioteca de Galicia

Interior da Biblioteca de Galicia

A Memoria Dixital de Galicia aplicará a innovación tecnolóxica á xestión do patrimonio e da actividade cultural. Empregarase información xeográfica para xeorreferenciar os elementos do patrimonio cultural e inmaterial, así como técnicas de dixitalización en 2D e 3D, Big Data e solucións de mobilidade e realidade aumentada.

Os piares da “Memoria Dixital de Galicia”

Os piares sobre os que descansa a construción da Memoria Dixital de Galicia son catro:

  1. O Arquivo Electrónico Patrimonial, que ten como obxectivo a xestión do patrimonio documental galego. Estará dispoñible desde outubro a través dun portal web.
  2. Unha convocatoria de axudas para dixitalizar fondos do patrimonio cultural, que se fará pública nos vindeiros meses, e contará cun orzamento de 800.000 euros.
  3. A Biblioteca Dixital de Galicia (Galiciana), que conta xa con máis de 1,7 millóns de páxinas e 175.000 obxectos dixitalizados procedentes de arquivos, museos, bibliotecas e outras coleccións. Esta será, tamén, a canle de difusión do noso patrimonio cara ás redes transnacionais.
  4. As actuacións relativas á toponimia, como o portal da toponimia galega, que entrará en funcionamento en outubro e que irá incorporando progresivamente a microtoponimia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.