As apps da Xunta: Turismo de Galicia

Adóitase dicir que o noso teléfono móbil vale tanto como as aplicacións que teñamos instaladas, xa que non vale de nada que teñamos o mellor dispositivo do mercado se non sacamos proveito del a través das aplicacións que temos á nosa disposición.

Para remediar isto, aquí en Xente Dixital recomendámosvos cada certo tempo aplicacións que vos poden interesar, xa teñades Android ou iOS. Hoxe querémosvos ensinar unha que virá moi ben para a tempada estival, é Turismo de Galicia, a nova app da Xunta para descubrir todo o que podemos visitar no territorio galego.

Unha app con todo o contido

A  app de Turismo de Galicia caracterízase por ter todo o contido xa existente na renovada web de Turismo de Galicia. Dunha maneira moi sinxela podemos atoparnos con toda a información que necesitemos para planear as nosas vacacións ou esa escapada de fin de semana.

Desde a aplicación podemos atopar todo tipo de aloxamentos como hoteis, cámpings ou apartamentos, así como lugares para comer como os diferentes restaurantes ou bares que vallan a pena. Todos os lugares veñen acompañados dunha ficha completa, permitíndonos saber máis deles, así como contactar chamando directamente desde a app ou gardar o lugar para unha futura consulta.

Toda a información cultural

O turismo non se nutre só de locais comerciais. A aplicación de Turismo de Galicia permítenos tamén localizar lugares, celebracións e eventos que ocorran en calquera parte do territorio galego. Así podemos saber cando serán as próximas festas, que museos hai onde queremos ir ou os lugares de interese máis interesantes da localidade que imos visitar.

Todo xeolocalizado

A aplicación utiliza os servizos de xeolocalización que teñen hoxe en día todos os teléfonos móbiles. Grazas ao GPS do dispositivo, toda a información que busquemos estará localizada no mapa, podendo ademais localizar os recursos máis próximos que teñamos ao noso ao redor.

Turismo de Galicia está dispoñible para descargar de maneira gratuíta, tanto para teléfonos Android como para iOS (iPhone e iPad).

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.