
Vivimos nun mundo no que estamos sempre conectados, acotío envíannos mensaxes, fotos, vídeos… e iso provoca que teñamos unha saturación de información… e de espazo. A quen non lle ocorreu que o WhatsApp quéixase de que non ten suficiente espazo para executarse? Hoxe ensinámosche como solucionar este problema de maneira moi sinxela.
Whatsapp introduciu versións atrás a opción de saber que conversacións ou que chats de grupos están a ocupar máis espazo, engadindo a posibilidade de borrar todo dunha maneira sinxela. Os pasos para facelo en Android son os seguintes:
- Vai á pantalla principal e pulsa sobre os tres botóns arriba á dereita e logo a axustes.
- Na seguinte pantalla dálle a Datos e almacenamento e, a continuación, pulsa sobre Uso de almacenamento.
- Dentro desta nova xanela verás unha lista cos teus chats e o que están a ocupar. Se pulsas sobre unha conversación ou grupo, accederás a unha desagregación de todos os datos desa conversación.
- Se pulsas sobre Administrar mensaxes abaixo á dereita, poderás seleccionar que queres eliminar por categorías.

