Necesitas probar fontes de letra? Fontfit axúdache a escoller diferentes tipos de letra

Cando necesitamos presentar un proxecto ou unha páxina web, a imaxe é moi importante, desde a maneira de presentalo como os gráficos e logotipos asociados. Tamén o é o tipo de letra que utilizamos nos nosos textos e presentacións, xa que depende que tipo de letra utilicemos, podemos transmitir un tipo de imaxe ou outra.

Na actualidade hai millóns de tipos de letra, de todas as formas, cores e estilos que podamos imaxinar. Por esta razón, na maioría de ocasións adoitamos optar pola fonte máis cómoda ou habitual no canto de arriscarnos a utilizar outra que faga que o noso traballo destaque. Para axudarnos a escoller outros tipos de fontes existe Fontfit.

Fontfit é unha páxina web que nos permite abrir calquera páxina web e cambiarlle en directo o tipo de fonte que se está utilizando. Faise dunha maneira sinxela, tan só temos que ir á súa web, teclear a dirección web que desexemos e comezar a seleccionar os campos de textos existentes e cambiar o seu tipo de letra.

Aínda que a ferramenta está deseñada para páxinas web, é tamén unha ferramenta moi útil á hora de descubrir novos tipos de fontes de letra, xa que ten unha enorme colección de tipos de letra entre as que escoller. Ademais, Fontfit permítenos exportar as opcións que cambiamos, así como compartir mediante ligazón o cambio realizado para poder ensinalo a quen desexe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.