Organiza os teus marcadores con estas tres aplicacións

Cando nos atopamos cunha páxina que nos resulta interesante, automaticamente engadímola aos nosos marcadores ou favoritos. Esta característica de gardar páxinas leva existindo décadas nos navegadores, pero debido a que a nosa actividade na internet adoita ser intensa, a lista de marcadores acaba sendo eterna e queda desaproveitada.

Para os problemas a tecnoloxía ten remedios e para ordenar a nosa lista de marcadores existen uns cuantos. Hoxe recomendámosvos tres aplicacións web que poden servirnos para aproveitar ao máximo a nosa lista de marcadores.

Pocket

De uso gratuíto, Pocket é unha aplicación web que nos permite gardar os nosos marcadores directamente desde o navegador, xa que posúe extensións para os navegadores máis modernos. Tan só cun click, podemos gardar as nosas páxinas favoritas na nube, clasificalas mediante tag ou envialas ao noso correo se así o desexamos.

Instapaper

Instapaper é un clásico entre os bloggers. Ademais de gardar os nosos marcadores, esta aplicación permítenos crear unha especie de xornal onde ver as ligazóns dunha maneira máis sinxela e directa.

Flipboard

Se queremos unha maneira moito máis visual de ver e organizar as nosas páxinas favoritas, Flipboard é a nosa aplicación. Permítenos clasificalas, facer nosas propias coleccións e mesmo engadir a outros usuarios para poder ver as súas páxinas gardadas e así compartir coñecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.