A Xunta amplía o prazo de solicitude de axudas para instalar banda larga ultrarrápida a empresas do rural

Cando falamos de computadores, na maioría de ocasións pensamos en memoria RAM, velocidade do procesador ou potencia gráfica. O mundo da informática está deseñado coa idea de canto máis mellor e, aínda que é unha idea totalmente válida, en moitas ocasións non necesitamos tanta potencia para o que queremos facer.

Debido a que non necesitamos toda a potencia do mundo, desde hai uns anos existe unha pequena burbulla (cada vez máis grande) que é o mundo dos microordenadores. Estes microodenadores non son grandes máquinas, pero pódennos sorprender moi gratamente.

Que é un microordenador?

Podemos denominar como microordenador a pequenos dispositivos que funcionan como un computador completo nun tamaño moi reducido. Estes computadores non adoitan ser máis grandes que un disco duro externo (ás veces máis pequenos) e teñen un prezo tan reducido como o seu tamaño.

Entre estes microordenadores podémonos atopar marcas como a Raspberry Pi, a Orange Pi, a Hummingboard ou a ODroid-C2. Estas catro marcas teñen microordenadores con múltiples versións cuxos prezos van desde os 10? ata os 70? nas súas versións máis potentes.

Que se pode facer con eles?

Todo e de todo. A comunidade ao redor destes microordenadores e dispoñen de moita documentación e explicacións para facer o que queiramos con elas. Aínda que hai que ser un usuario algo avanzado para a maioría de usos, con Raspberry Pi e similares podemos crear máquinas recreativas, un servidor de arquivos, un mediacenter para casa ou, rizando o rizo, unha estación meteorolóxica ou un dispensador automático para a comida do noso gato.

Como mostra o que se pode facer con este tipo de dispositivos, este vídeo ensina os proxectos máis curiosos realizados coa Raspberry Pi:

Se se quere comprar unha, pódense atopar packs en Amazon e tamén en Aliexpress, ademais de tendas físicas e outras tendas online.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.