Qué son os MOOC? Un complemento gratuito perfecto para a nosa formación

Se falamos do noso futuro profesional, a miúdo sae a necesidade de formarnos en novos ámbitos para poder mellorar na nosa contorna laboral ou, simplemente, saber máis de algo que utilizamos no noso día a día. Aínda que o ensino regrado está aí, grazas a Internet existe outro tipo de ensino: a gratuíta e online. Estamos a falar dos MOOC.

Que é un MOOC?

MOOC é o acrónimo en inglés de Massive Open Online Course (Curso Online Masivo Aberto), e non son máis que cursos online dirixidos a unha gran cantidade de xente a través de diferentes plataformas. A súa característica principal é, como o seu nome indica, que están abertos a todo o mundo de maneira libre e sen necesidade de pagar nada.

Os MOOC adoitan abarcar numerosos temas, desde tecnoloxía, márketing, desenvolvemento de negocio e tamén temas de humanidades como filosofía ou historia. Á parte de ser gratuítos, o seu estilo baséase en que todo cae sobre o alumno, xa que aínda que este dispón de todo o material e as axudas, non adoita existir un docente que resolva dúbidas ou expor contidos adicionais mentres se fai o curso.

Son de fiar os MOOC?

Si. Por suposto. A inmensa maioría de cursos están avalados por profesionais de renome que o único que queren é dar o seu coñecemento ao mundo. Moitos destes cursos están organizados por universidades e organizacións con gran prestixio e, aínda que non imos recibir na maioría de ocasións un título oficial, o contido aprendido si é adecuado e de calidade.

Onde atopar MOOC?

Se queremos cursar algún MOOC estas son algunhas das plataformas que existen na internet:

  • UPV[X]: páxina dedicada a cursos e MOOC online da Universidade Politécnica de Valencia.
  • MiriadaX: unha das páxinas máis populares e con máis variedade de cursos.
  • edX: páxina con MOOC en inglés e castelán. Unha das que ten máis contidos.
  • MOOC Campus do Mar: a Universidade de Vigo tamén ten unha plataforma con varios cursos de interese.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.