Queres mercar unha cámara reflex? Estes son os mellores modelos para iniciarte

Se nos gusta facer fotos (aínda que sexa co teléfono móbil), temos que ter claro que tarde ou cedo imos ter que expornos adquirir un dispositivo de mellores características como pode ser unha cámara de corte semiprofesional como pode ser unha réflex.

Como introducirnos no mundo das cámaras réflex? Entre a multitude de marcas e modelos, hoxe querémosvos recomendar os mellores para introducirnos na fotografía de corte profesional. Estes modelos posúen a maioría das características dunha cámara réflex, pero están orientadas a principiantes que queren ter a súa primeira cámara deste tipo.

Nikon D3400

A marca asiática Nikon ten modelos para principiantes moi interesantes. A D3400 vén cun obxectivo 18-55 de boa calidade cun enfoque mecánico moi rápido e silencioso. Permite gravar vídeo e os seus controis son os adecuados para principiantes, xa que a pesar de ter os controis manuais de toda réflex, preséntaos dunha maneira sinxela e clara.

Canon EOS 700D

A competidora por excelencia de Nikon, Canon, tamén ten modelos de iniciación. Aínda que ten algúns máis baratos, a Canon EOS 700D é unha gran opción para iniciarse. Pódese considerar que esta un nivel por encima das cámaras réflex para principiantes.

Cunha pantalla LCD táctil, o 700D vén acompañada dun obxectivo 18-55 que ten máis calidade do que pode parecer, cunha calidade de imaxe moi boa e unha vida de batería por encima da media.

Pentax K-S2

Aínda que estamos recomendado cámaras para principiantes, a Pentax K-S2 está un pouco máis orientada para os que xa saben algo de fotografía. É unha cámara con conexións Wifi e NFC e con tecnoloxías de suavizado de imaxe que se adoitan atopar en modelos máis superiores.

Na parte fotográfica a Pentax é a gañadora destas tres recomendacións, pero se queremos tamén gravar vídeo, as opcións de Canon e Nikon son preferibles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Xunta de Galicia, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como responsable do ficheiro, solicitándoo mediante o envío dun correo electrónico a lopd@xunta.es.